Seneivo Primero, 350 Tn

Se algo domina a paisaxe galega é o mar porque, con 1.195 km de costa, podemos decir que Galicia é Mar; e aquí, as relaccións da sociedade coa natureza veñen marcadas por moitos séculos de tradicións pesqueiras.

No verano de 2006, no porto pesqueiro de Oza, na Cidade galega da Coruña desguazouse o barco Seneivo Primero de base en Celeiro (lugo). 350 Tn de metal para reciclaxe, formigón de lastre, aceites e outros productos tóxicos retirados controladamente para o seu posterior tratamento.

Case 37 metros de manga cheos de cicatrices dunha vida non moi longa no mar, adicada á pesca de arrastre en parella.

As imaxes amosan a progresiva desaparición do barco, a extracción do motor, o seu “corazón de ferro”, reutilizado/donado para montar nunha nova embarcación, o cortado de mamparos, o picado do cemento, até as últimas operacións, casi estertóricas no dique seco.

A serie é unha metáfora da crise da pesca en Galicia derivada da ampliación das augas xurisdiccionais, da reparticion de cotas dentro da comunidade mundial e da Europea en particular –coa migración de armadores galegos a buques doutras bandeiras-, da sobrepesca, da contaminación do mar...

As medidas de control aos ferrallistas contrastan coas da celebre serie fotográfica “Shipbreaquing” de Edwar Burtynsky, autor muy implicado na súa obra coa problemática ambiental; a súa serie foi realizada no 2000 nas praias de Bangladesh e amosan un forte impacto socio-ambiental.

Mais o traballo aquí tamén resulta duro -sen acadar a brutalidade da India- e a empresa dos herdeiros de José Santa Cruz, que conta cunha grande tradición no rescate de barcos e pecios na Costa da Morte e outros lugares do mundo (Mar Egeo, Casón, Federico Barreras, American Star...), precisa recurrir a traballadores inmigrados do Senegal para atender a crecente cantidade de barcos a desguazar, desmantelar a flota para cobrar as axudas da Comunidade por aandono de actividade. Esta é unha nova realidade dun país de emigrantes que agora se transforma nun pais de acollida de traballadores de Sudamérica, Cabo Verde, África...

Esta reportaxe fotográfica presenta unha reflexión sobre unha sociedade en transformación, na que tamén mudan as relaccións entre o home e o seu contorno.

Xacobe meléndrez fassbender