As Conchiñas - Agra do Orzán
Introducción A Agra do Orzán conta cunha zona habitacional e comercial moi ampla na que se desenvolve unha activa vida social, é un barrio tradicionalemente residencial de traballadorxs e de servizos, e entre a xente nova desenvolveu-se unha grande capacidade creativa á que nos últimos anos hai que engadir as aportacións dunha población rica en diversidade cultural. A matriz deste proxecto é a necesidade de achegar a Arte á sociedade, poñendo en contacto xs creadorxs co público sen a intermediación tradicional (galerías, museos...). Coincide con isto que c omo veciñxs da Agra do Orzán, artistas e traballadorxs da cultura, estamos preocupadxs pola situación de crise do barrio e da súa xente. Entristécenos a cantidade de locais baleiros e en aluguer, e pensamos en todas aquelas persoas que non pudieron manter o seu negocio. É posible que a remodelación urbana poida mellorar as condicións de vida da vecindade, pero nós sentimos a necesidade de participar dunha maneira activa na súa reactivación económica, contribuindo tamén ao desenvolvemento do xa rico tecido social que nel existe dende hai tempo. É así que nace este proxecto, unha proposta artística, para achegar a arte á sociedade, que dinamice o barrio e axude a integrar a sociedade entorno das súas necesidades, tanto de de ocio, cultura e expresión artística como de promoción dos seus negocios e traballos. Con esta finalidade realizaremos, durante o mes de maio, un Festival composto por unha serie de eventos artísticos e culturais nos que participarán xs veciñxs do barrio dunha maneira innovadora, en locais pechados, no mercado das Conchiñas, nas rúas e prazas. Achegaremos a arte á sociedade e, será esa interacción cultura – cidadanía a que transforme o barrio nun foco artístico, económico e comercial atractivo para toda a cidade. O mes de maio convertirase no paralelo 43º 21' 45” da Coruña, nun Festival que iniciará un proceso firme de relación arte-sociedade. No último mes fixemos visitas aos establecementos da zona, convidándolles a unirse a esta iniciativa, así como ás diversas asociacións e ONGs do lugar. Tamén convocamos artistas plásticos e visuais, da música, poesía e artes escénicas. A resposta foi positiva, contamos coa participación de máis de 40 establecementos (de roupa, carnicerías, froiterías, xoierías, bares…) e artistas, así como numerosas asociacións (Posición B Coruña, Cabo Verde, Asociación de Placeirxs, ACSUR, Sinonimo de Lucro, Aseser Teranga, Polaquia, Viraventos…) que colaborarán con obradoiros e participacións artísticas. Neste momento estamos no proceso de organización e requerimos de apoio técnico e material para lograr que o Paralelo 43°21'45” sexa, ademáis dun éxito, un detonador de participación cidadá impulsada polos seus artistas, que procure o benestar xeral do barrio. Que se convirta nun precedente dun xeito efectivoa de crear cultura e de levar a arte á sociedade e os seus espazos públicos, para que se poida repetir nun futuro.A nosa proposta é un proxecto da sociedade para a sociedade.
A n t e c e d e n t e s na C o r u ñ a arTeu en Cambre Perante o Nadal de 2009 o colectivo arTeu levou a arte á rúa, achegando así á sociedade a un elemento da súa cultura. Nesta primeria mostra de arTeu en Cambre se realizou a exhibición de obras de arte en espazos frecuentados pola sociedade, aproveitando así as infraestructuras existentes. Farmacias, comercios, peixerías, restaurantes, bares... enchéronse de arte conseguindo unha gran acollida tanto por parte dos establecimentos e dos artistas, como do público e dos medios de comunicación. Levouse a obra de 20 artistas do entorno da Coruña a 17 establecimentos. A sociedade poido achegarse ás obras de arte dentro da cotidianeidade, mentres mercaba, tomaban un café ou paseaban pola rúa. O evento tivo gran resonancia pública e foi recollido en diferentes medios. P a r a l e l o 43°21'45” - O F e s t i v a l : Durante maio, mes das Flores, Paralelo 43°21'45” realizará actividades culturais tanto en espazos interiores como en exteriores. Unha exhibición de obras de arte en establecementos do bairro (comercios, tendas de alimentación, bares, restaurantes…) durante todo o mes e unha serie de eventos culturais concentrados en 4 sábados de maio. 7 de maio – inauguración do Festival con apertura das mostras plásticas 8 de maio – Música: concertos na rúa e sesión de DJs 15 de maio – Dedicado ás letras para conmemorar o día das letras galegas (17 de maio). Recital poético no mercado e ao final da rúa Barcelona. 22 de maio – Artes Escénicas (teatro, contacontos, performance, danza) 29 de maio – Sábado plástico – visual, con obradoiros e proxeccións de video-art, curtas e mediametraxes na rúa, en bares e en Posición B.. Arte en nos establecementos: Mostra de Arte : de común acordo artistas e comerciantes, exhibirán nos establecementos obra plástica convivindo coas mercadurías. Actividades musicais en bares Proxeccións de documentais e video arte en bares, no Mercado das Conchiñas e en Posición B Lecturas de poesía e contos , no Mercado, en bares e comercios Arte na rúa: Segundo a programación semanal: lecturas, instalacións, performances, vídeo proxeccións, pintura, contacontos, obradoiros para rapaces e rapazas, presentacións musicais, presentación de actividades específicas, etc. Nota: as produccións artísticas serán propias, ou sexa, realizadas polos seus creadores/as. Debemos sinalar que se trata dunha iniciativa cidadá, sen afán de lucro, polo que nin comerciantes, nin asociacións, nin artistas, aportamos nin recibimos ningún recurso económico, evidentemente agás a venda que se poda realizar dalgunha das obras exhibidas.
Q u en s o m o s: Colectivo arTeu (arte + sociedade): BGR: 5Célula arte y comunidad
|